Sunday 05 de May de 2024

A veciñanza amosa descontento co plan para o parque Ramón Barba


O Goberno municipal volve anunciar o plan para o parque Ramón Barba onde o pavimento será o protagonista, desaparecendo o único reduto verde do Temple.

Dende Alternativa recibimos varias queixas da preocupación veciñal ante a publicidade de dita actuación. “ Pasouse dun anfiteatro e agora súmanse tamén instalacións para deportes urbanos. Onde queda o verde?”.

“As instalacións deportivas e culturais son moi necesarias, pero non a costa de danar un enclave verde no núcleo máis urbano do municipio.” Afirma Raúl Varela, que tamén avoga “polo progreso que suporía abrir novas vías de esparcimento para a veciñanza do Temple, como é o petición deste grupo municipal de darlle continuidade ao paseo marítimo da ría do Burgo para conectar con Oleiros. En vez de seguir a primar o cemento nesta parroquia máis que cementada”.